Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Renovan beirarrúas no barrio de Abesadas, en Aguiño e en Iñeiras

A empresa Construccións Fermín Simal está executando en Ribeira obras de renovación de beirarrúas no lugar de Iñeiras, na parroquia de Olveira, na rúa Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño e no barrio de Abesadas, en Santa Uxía, cun investimento de 43.408 €, financiados con cargo ó POS+2018. O tramo de Iñeiras será de 500 metros. Polo que respecta á rúa aguiñense, o tramo en cuestión está formado actualmente por soleiras de formigón que serán demolidas e no seu lugar colocarase un tramo de beirarrúa de baldosa hidráulica ó longo de 37 metros. No que se refire a Abesadas, na área na que se vai actuar, sita xunto á rotonda da Poutada, o pavimento é de terra. Ao igual que no caso anterior, a fin de afianzar a seguridade viaria estenderase un tramo de beirarrúa con baldosa hidráulica nunha lonxitude de 60 metros.

17 sep 2020 / 15:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.