Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renovarán máis dun quilómetro de tubaxes de saneamento na Mámoa

O cambio das redes de fibrocemento permitirá aumentar a presión e poñer fin ás avarías

Ribeira. O Concello de Ribeira sacou a licitación a renovación de 1,2 quilómetros de tubaxes de saneamento no lugar da Mámoa coa fin de ofrecer unha solución definitiva ás avarías que con certa frecuencia se producen na rede da zona, así como de aumentar a presión na mesma.

Así, os servizos técnicos do Concello elaboraron un proxecto dirixido a substituír a actual liña de fibrocemento por outra de polietileno de alta densidade. A tal efecto, instalaranse en ambas marxes da estrada DP-7305 dúas tubaxes deste material con lonxitudes de 790 e 420 metros, respectivamente.

Así mesmo, está previsto colocar nove válvulas de comporta, dúas válvulas de vaciado e cinco ventosas, e renovar un total de trinta e tres acometidas domiciliarias.

As obras comportarán un investimento de 148.547 €, enmarcándose na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional). O prazo de execución é de dous meses.

As empresas interesadas dispoñen ata o vindeiro día 23 de marzo para a presentación da súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia. s. s.

05 mar 2021 / 16:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.