Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rescatadas dúas mozas que foran arrastradas pola corrente en Muros

MUROS. Dúas mozas foron rescatadas na tarde do venres tras ser arrastradas pola corrente na praia de Ancoradoiro, en Muros. Outro mozo que se atopaba con elas puido saír polos seus propios medios da augua. O 112 Galicia tivo coñecemento da situación a través da chamada de varias persoas sobre as seis e media e solicitou a intervención de Salvamento Marítimo, do GES de Muros, da Policía Local e da Garda Civil. Ademais, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Según a información facilitada a dito servizo de emerxencias polo GES de Muros, estos efectivos recolleron nunha lancha ás dúas mulleres, que se atopaban a uns vinte e cinco metros de terra, e trasladáronas ata unha embarcación de Salvamento Marítimo, na que foron evacuadas ao peirao de Muros en perfecto estado de saúde. s. s.

12 jun 2021 / 13:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.