Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A Xunta apoia a creación de dezanove postos de traballo na comarca cas axudas do programa Emega // Trenor visitou este luns os establecementos beneficiarios, que recibiron 137.000 € // Dende 2009 destináronse a tal fin 19 millóns TEXTO María Cano

Respaldo ao emprendemento feminino na zona do Barbanza

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este luns en Noia algún dos establecementos beneficiarios da orde de axudas do programa Emega de apoio ao emprendemento e ao emprego feminino, que apoiará na comarca do Barbanza a creación de 19 novos postos de traballo cun investimento de máis de 137.000 euros.

A convocatoria deste ano para este programa contou cun orzamento histórico de case 4,4 millóns de euros (un 34 % máis que o ano pasado), co que a Xunta prevé outorgar un total de 275 axudas, un 18 % máis que en 2021, no que se concederon 234.

O crédito da convocatoria experimentou na anualidade correspondente a 2022 un incremento significativo, co obxectivo de ofrecer o maior volume de recursos para favorecer a iniciativa empresarial das mulleres e brindarlles maiores oportunidades para diminuír as fendas de xénero.

O programa Emega comprende axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, así como medidas complementarias “para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos”, según indicaron dende a Xunta.

Catro liñas integran o programa: Emprende, con incentivos para a posta en marcha de novas empresas por parte de mulleres desempregadas e a creación de emprego estable por conta propia e allea; Activa, para favorecer a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; ITEF, que pon o foco no apoio a iniciativas empresariais con carácter innovador, con contido científico ou de base tecnolóxica; e Concilia, complementaria das tres anteriores, para axudar ás mulleres promotoras e ás traballadoras ao seu cargo na súa conciliación.

A contía dos apoios vai dos 8.000 euros por beneficiaria aos 42.000, en función da liña solicitada e do número de postos de traballo creados ou mantidos para mulleres de carácter indefinido. A estas contías engadiríase, de ser o caso, a axuda complementaria da liña Concilia, que oscila entre os tres mil e os cinco mil euros.

Para resultar beneficiarias do programa Emega, as mulleres emprendedoras teñen que liderar unha microempresa ou pequena empresa validamente constituída e domiciliada en Galicia. Entre outros requisitos, deben manter vinculación laboral co proxecto que, á súa vez, ten que ser viable “económica, técnica e financeiramente”, segundo explicou Trenor.

Como novidades este ano, ademais do incremento orzamentario global, tivéronse en conta os plans de igualdade que teñan vixentes como documentación acreditativa e elevouse a puntuación de pertenza das posibles beneficiarias a algún colectivo prioritario (mulleres con discapacidade, vítimas da violencia de xénero, menores de 30 anos ou maiores de 45 no inicio da actividade laboral, desempregadas de larga duración...), valorándose cada unha destas circunstancias.

O Goberno autonómico leva destinados desde o ano 2009 cerca de dezanove millóns de euros a esta iniciativa, cos que apoiou máis de 1.100 proxectos empresariais e creou case 1.700 postos de traballo feminino.

O protagonista
“Aposta pola dinamización económica”
Gonzalo Trenor
Delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña

Durante a súa visita aos establecementos beneficiarios en Noia, Gonzalo Trenor asegurou que o programa Emega supón “un exemplo de impulso ao emprendemento feminino tecnolóxico e innovador”. Estas axudas “son fundamentais para alcanzar unha sociedade igualitaria e aínda máis desenvolvida, pero collen aínda máis valor en negocios como os que visitamos en Noia, xa que, ademais de xerar emprego, aposta por apoiar a dinamización económica nos comercios de proximidade ofrecendo máis e mellores servizos”, afirmou o representante da Xunta.

Deste xeito, o Executivo autonómico aposta polo talento e o liderado feminino, polo que continúa a impulsar o programa Emega, que conta con vinte e seis anos de traxectoria na Comunidade galega, como punta de lanza da promoción da igualdade no eido laboral.

{ blanco o negro }
Políticas de igualdad
María Cano

Sólo una mujer que es madre, trabajadora y emprendedora sabe y conoce el peso y la responsabilidad que todas estas palabras tienen juntas. Lo sé, no por experiencia propia, pero sí por vivir rodeada de ellas. Por eso, es imprescindible seguir apostando por este tipo de apoyos para asegurar la igualdad de oportunidades entre hombres y mujeres, buscando la mejor versión de las empresas gallegas, facilitando también la conciliación. El pasado año 2021 este programa permitió apoyar un total de 234 iniciativas empresariales de mujeres y la creación de 272 nuevos puestos para ellas, así como el mantenimiento de otros 240. Es fundamental fomentar las políticas de empleo e igualdad creando oportunidades laborales.

29 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.