Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rexeitan as emendas aos orzamentos da Xunta do BNG

Outes. A deputada do BNG Rosana Pérez explicou recentemente nunha rolda de prensa que tivo lugar no Náutico do Freixo que a súa formación presentou máis de 400 emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia, as cales foron rexeitadas en comisión polo Partido Popular.

En opinión dos nacionalistas trátase duns orzamentos “que nada fan para paliar a perda de servizos” que sofre o país, como, por exemplo, na comarca de Muros-Noia.

Ao respecto, lembrou que o recorte de profesorado provocou mobilizacións importantes como as da comunidade educativa do CEIP de Outes. Ademais, sinalan que, no caso da sanidade, os centros de saúde están baixo mínimos e un mesmo pediatra, o de Lousame, ten que atender aos nenos e nenas de tres concellos de xeito recorrente.

Asemade, dende o BNG tampouco entenden, no eido do saneamento, “que mentres a Xunta deixa sen executar fondos europeos do período 2014-2020 por máis de 115 millóns de euros, nun contexto de ameaza firme de sancións por parte da UE pola baixa calidade das augas, se continúe sen destinar os fondos necesarios para o saneamento de municipios como Noia ou Outes”.

A deputada tamén destacou que Muros-Noia é “unha comarca onde as necesidades en infraestruturas viarias e a falla de conexión entre os concellos son evidentes, e por iso propoñemos crear unha liña de bus que vertebre os concellos”, concluiu. m. t.

31 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.