Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo acolle o espectáculo de danza para bebés ‘Catro’

Rianxo. O auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro venres 14 ás 21.00 horas o espectáculo Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro, destinado a un público adulto (maiores de 12 anos) e con entrada de balde ata completar capacidade. A recollida de convites podera facerse dende unha hora antes do comezo da función (2 por persoa).

Morgana en Esmelle é unha reflexión que xira ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.

E a compañía Caramuxo Teatro presentará tamén no auditorio o sábado 15 a produción Catro, un espectáculo de danza para bebés, dirixido a crianzas de 1 a 5 anos. Haberá dúas funcións: unha ás 18.00 e outra ás 19.00 horas. É necesario realizar a inscrición previa a través da web municipal (máximo dous adultos por familia). Catro é unha peza visual que xoga coa vida, as formas, os sons, as texturas e o movemento.

Por outra banda, o sábado 22, ás 20.30 horas, Carlos Blanco achegarase ao auditorio co espectáculo Os mellores monólogos. A entrada custa doce euros e pode adquirirse na web ataquilla.com. s. s.

03 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.