Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo acolle o relatorio ‘Construíndo masculinidades disidentes’ o mércores

Rianxo. O auditorio municipal de Rianxo acollerá este mércores ás cinco da tarde un relatorio e a presentación do libro do sociólogo Jorge García Marín, Papá, por que non pintas as unllas de cores?, Educando (construíndo) masculinidades disidentes.

Nunha época de feminismo, as masculinidades aínda precisan construírse conforme aos novos tempos. É preciso, xa desde a educación infantil, abordar o modelo de home que necesitamos para esta sociedade igualitaria.

Os interesados en asistir deben reservar antes praza a través do correo electrónico normalizacion@concelloderianxo.gal ou chamando ó número de teléfono 881 988 798.

Por outra banda, o sábado 28, ás 19.00 horas, tamén no auditorio rianxeiro, desenvolverase a proposta teatral Nanda na encrucillada, escrita e dirixida por Gustavo Dieste e interpretada por Teatro do Improvisto. Está destinada a un público familiar para crianzas a partir de 8 anos.

Só se poderá asistir con reserva previa de localidades a través do email auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou do número de teléfono 664 183 217, antes do mércores, de 09.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita, nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio. Priorizarase só un convivinte adulto por crianza.

E a asociación cultural Ondiñas Mainas organiza nos baixos da biblioteca municipal de Rianxo unha exposición itinerante sobre o alfombrismo de Galicia, que poderá visitarse dende mañá ata o día oito de decembro.​s. s.

23 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.