Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo acolle o xoves 2 unha mesa sectorial pola sanidade

Rianxo. A casa consistorial de Rianxo acollerá o xoves 2 de xuño a primeira xuntanza da Mesa pola Sanidade Pública de Rianxo, que pretende xuntar esforzos da sociedade local en prol dunha mellor atención e dotación dos recursos da sanidade pública neste municipio barbanzán.

“A situación que presenta a sanidade pública na localidade, ás portas do verán, coa falta de varios facultativos e doutro persoal en xeral, está redundando en citas de varias semanas para a atención médica (que en moitos casos é telefónica aínda) ou para a renovación de medicamentos. Son frecuentes a anulación de citas ou demoras longas debido a que é o mesmo persoal o que ten que se desprazar ás urxencias”, explica o alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños.

O rexedor engade que “estas circunstancias e a non apertura dos servizos do centro médico de Taragoña” motivan dita convocatoria.

A Mesa pola Sanidade Pública de Rianxo xuntará ás diversas formacións políticas, sindicais e sociais que se desexen sumar “para analizar a situación actual, reclamar a dotación completa dos servizos para a localidade e dirixir se cabe a convocatoria de novas mobilizacións para exteriorizar a protesta”, indicou finalmente o mandatario. S. S.

25 may 2022 / 17:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.