Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo acolle un mercado e un festival con fins benéficos

Rianxo. Alumnos e profesores de 4ª da ESO e Ciclo Medio de Atención a Persoas en

Situación de Dependencia do IES Félix Muriel de Rianxo van celebrar este mércores un mercado solidario e un festival para recadar material escolar e sanitario destinado aos nenos e nenas que están en campos de refuxiados.

Dende as 09.30 horas instalarán no entorno da casa consistorial e na Praza Castelao postos de prendas, obxectos, libros e outros artigos doados pola comunidade educativa e comerciantes da localidade, que venderán a prezos simbólicos (entre un e dez euros).

E de 11.30 a 13.00 horas, o auditorio acollerá o Loco Festival, ca colaboración de alumnos do instituto, como Carolina, Xian e Icía, da compañía de teatro Airiños, de membros da Banda de Música da Escola Municipal de Rianxo, de alumnado da Escola de Rañó e de Pinto D´Herbón e Luis Caruncho, que regueifarán para todas as persoas que colaboren con esta boa causa ca cantidade de 2 euros, que é a aportación solidaria da entrada.

Ademais, o grupo De Vacas, que non poderá participar, enviou camisetas, chapas, pendrives, etc. que se sortearán cos números das entradas (dispoñibles no instituto e no auditorio). s. s.

14 jun 2022 / 17:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.