Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rianxo acolle un obradoiro de iniciación ao gravado

Rianxo. O Liceo de Rianxo acollerá un obradoiro de iniciación ao gravado os sábados 9, 16, 23 e 30 de outubro, de 10.00 a 13.00 horas, enmarcado no proxecto polo centenario de Faustino Rey Romero. Está destinado a persoas maiores de 16 anos e é gratuíto, pero necesítase unha inscrición previa a través do email cultura@concelloderianxo.gal antes do xoves 7 ou ata esgotar as 15 prazas.

As técnicas que se van ensinar son punta seca (gravado en suco, contida dentro das chamadas técnicas secas, sen ácido mordente); linogravado (técnica de gravado en relevo coa que a talla se realiza sobre unha matriz de linóleo); e xilografía (a talla faise sobre unha matriz de madeira).

O obradoiro será impartido por José Fernández Míguez, licenciado en Belas Artes, na especialidade de Pintura, pola Facultade de Pontevedra, que obtivo o premio extraordinario Fin de Carreira da Licenciatura de Belas Artes e é especialista en gravado calcográfico clásico. s. s.

22 sep 2021 / 14:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.