Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 30 septiembre 2022
10:21
h

Rianxo acolle un obradoiro sobre a lingua galega no rap

Rianxo. A música, nos seus máis variados estilos, está a ser a gran protagonista nas noites deste verán en Rianxo. Despois do festival Antrospinos e da cita co jazz desta pasada fin de semana, para os vindeiros días hai programadas actuacións en clave de música clásica e de rap.

Por outra banda, este venres 12, ás 20.30 horas, a Praza de Rafael Dieste acollerá o novo espectáculo da compañía Os Quinquilláns, que leva por título Terra de Raíñas.

O sábado 13, ás 21.00 horas, terá lugar no auditorio municipal un concerto a cargo do pianista profesional Adrien Gey Galera, no que interpretará pezas de Chopin, Beethoven, Medtner, Rachmaninov e Brahms.

Adrien é particularmente afeccionado ao repertorio romántico e posromántico (Brahms, Schumann, Chopin, Scriabin, Rachmaninov...).

E o vindeiro venres 19, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o concerto-obradoiro de García Mc e DJ Mil, co espectáculo A lingua galega na música rap.

García Mc invita a viaxar ata o Arquipélago Quilombo, no que é o seu segundo disco en solitario. O rapeiro reinvéntase para traer unha estimulante travesía polas dez illas do seu arquipélago a través de dez temas. s. souto

09 ago 2022 / 18:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.