Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rianxo acollerá o vindeiro sábado unha mostra sobre a revista ‘Nós’

Os asistentes poderán desfrutar tamén no auditorio do concerto do grupo 2naFronteira

Rianxo. O grupo 2naFronteira ofrecerá un concerto o vindeiro sábado día 30 ás 19.00 horas no auditorio de Rianxo. Trátase do concerto-exposición Arredor de Nós, enmarcado nos Actos Castelao 2021.

A entrada será de balde, previa solicitude de reserva de localidades (preferentemente a través do email auditorio@concelloderianxo.gal) ata o día 28, de 09.00 a 13.30 horas, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as que se solicita localidade, nome completo, teléfono e se son convivintes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Arredor de Nós é un concerto-exposición arredor da revista Nós, con motivo do seu centenario. O repertorio versa sobre a citada revista galeguista, que se complementa cunha atractiva e orixinal mostra divulgativa sobre a mesma cunha breve guía didáctica. Os intérpretes son: Carmen Penim (voz e harmonio), Maurizio Polsinelli (piano e harmonio) e Miguel Paz (batería e percusión tradicional). O día trinta de outubro de 1920 Galicia foi testemuña do nacemento da revista Nós: boletín mensual da cultura galega, que se convertiu nun referente para a cultura galega do século XX. s. souto

25 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.