Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo activa as obras para dotar ó núcleo de Burés de saneamento

Nesta primeira fase, a rede vai dar servizo a trinta vivendas da zona máis antiga da aldea

Rianxo. O Concello de Rianxo vén de adxudicar á empresa Nemesio Ordóñez S.A., por importe de 104.730,39 euros (IVE incluído), as obras para dotar de saneamento a varias casas do núcleo de Burés, na parroquia de Asados.

Nesta primeira fase afectará a unhas trinta vivendas da parte vella do lugar, segundo informou o goberno local.

Estas residencias irán conectadas á rede xeral a través dunha infraestrutura disposta en dous treitos: un que discorre fronte ás primeiras casas e baixa pola estrada AC-305, e outro no núcleo máis tradicional da aldea.

Tras esta actuación realizarase a correspondente reposición do pavimento.

O Concello lembrou que xa está redactado un segundo proxecto para buscar tamén o seu financiamento dentro dalgún plan da Deputación Provincial da Coruña para completar no posible o saneamento integral do lugar.

O importe de adxudicación será financiado con cargo ó Plan Único da Deputación.

“Dentro dunha semana procederase á sinatura do contrato polo que os traballos comezarían axiña para estar rematados no último trimestre do presente ano”, sinalou o alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, con respecto a dita actuación. Por outra banda, tamén se está a adxudicar nestes momentos a obra para conectar á traída municipal a Outeiro-Taragoña, e está previsto que tras o permiso de Augas de Galicia se impulse a contratación da instalación das redes de saneamento e de abastecemento dos núcleos de Quintáns en Isorna. s. s.

13 sep 2021 / 13:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.