Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rianxo adica un concerto á ilustre pianista Mireya, sobriña de Dieste

Rianxo. O vindeiro venres día 6 celebrarase en Rianxo o Memorial Mireya Dieste, adicado á sobriña do ilustre escritor Rafael Dieste, falecida en 2015 ós cen anos.

Dado que seu pai era diplomático, viviu en distintos países. Falaba varios idiomas, era amante da música (era pianista) e sempre estivo ligada aos círculos culturais.

A xornada deste venres está organizada pola Irmandade da Música Galega e o Concello. Ás 18.00 horas, no salón de actos, terá lugar a presentación do traballo doutoral A Guitarra na Galiza, de Isabel Rei Samartim, nun acto conducido por Alejo Amoedo.

Ás 20.00, no auditorio, celebrarase o concerto de piano Adalid a Quatro Maos, a cargo de Margarita Viso e Juan Durán, presentado por José Luis Do Pico Orjais e Isabel Rei.

Para ambos actos hai prazas limitadas, pódese realizar a reserva de localidades para cada unha das propostas en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 183 217, dende hoxe ata o mércores, de 09.00 a 13.30, en días laborais. s. s.

02 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.