Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo aproba un plan para actuar contra as adiccións

Rianxo. A Corporación municipal de Rianxo aprobou este xoves por unanimidade o convenio de colaboración que vai asinar este concello cos de Dodro, Padrón, Rois e Valga para a xestión compartida do proxecto de prevención de condutas adictivas.

O convenio ten como obxectivo o desenvolvemento de actuacións orientadas ao fomento de estilos de vida saudables cara a prevención de condutas aditivas (sociais e comportamentais) nos termos municipais de Dodro, Padrón, Rois, Valga e Rianxo. Inclúe diferentes actuacións, como obradoiros, campañas de información e de concienciación, xornadas, etc.

Para desenvolver dito convenio solicítase unha subvención do 95 % do importe total para os gastos, en base a un orzamento que ascende a 140.000 €. O importe subvencionable sería de 133.000 €, sendo a achega total dos concellos de 7.000 €.

Por outra banda, o pleno aprobou os festivos locais para o vindeiro ano, que serán o 14 de xullo, polas Festas do Carme, e o 15 de setembro, venres das Festas da Guadalupe. Ambas datas contan con amplo respaldo. Aprobouse tamén destinar 162.394 € do POS Adicional a gastos xerais de alumeamento e subministración de enerxía. s. s.

30 sep 2022 / 15:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.