Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo cede o terreo para a base operativa contra o lume

Rianxo. Despois de semanas de encontros entre responsables da Consellería de Medio Rural e do Concello de Rianxo buscando un espazo idóneo na localidade para a instalación dunha Base de Unidade Operativa (BUO) de Medio Rural, ambas as partes abordarán a cesión dunha parcela municipal no polígono.

Esta cesión xa foi avanzada ós portavoces dos grupos políticos, que amosaron o seu apoio, deberá ser ratificada no pleno, e permitirá poñer a disposición da Xunta, de balde, unha superficie de 6.000 metros cadrados. O Concello valora na oportunidade da cesión a cooperación necesaria ca Consellería para potenciar a loita contra o lume de toda a bisbarra, cun servizo de vocación comarcal e que beneficia a varios concellos.

Desde un primeiro momento o goberno local ofreceu a colaboración necesaria á Xunta para cederlle esa parcela de equipamento de grande valor patrimonial, que con esa nova utilidade acollerá un servizo esencial para a comunidade. Rianxo benefíciase pola creación no municipio dunha base operativa con amplos recursos materiais e humanos no polígono e onde gozará dunha ampla visión da contorna e unha boa accesibilidade ás principais vías de comunicación. s. souto

03 mar 2022 / 17:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.