Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo inicia un ciclo de obradoiros de escultura en cartón pedra para familias

Rianxo. O Concello de Rianxo organiza para os meses de novembro e decembro uns obradoiros de escultura en cartón pedra, para que os asistentes poidan aprender unha técnica artesá, sinxela, antiga e ecolóxica, ideal para pezas de gran formato, ao tempo que colaboran na creación de elementos que serán empregados na cabalgata de Reis e noutros eventos.

Serán impartidos pola artesá local Electra Menéndez, de Pedras, Artesanía e Patrimonio, e iniciaranse o vindeiro sábado día 27 (serán en total dez sesións). Haberá un obradoiro para familias, destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta (cinco sesións, os sábados e/ou domingos de 11.00 a 13.00 horas) e outro para persoas adultas, destinado a maiores de 12 anos (outras cinco sesións, tamén en sábados e/ou domingos, de 17.00 a 20.30 horas). Celebraranse no auditorio e as inscricións poden facerse chamando ó número 981 100 688. s. s.

19 nov 2021 / 17:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.