Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo pide entrar no plan de hospitalización domiciliaria do Sergas

Muíños reclama tamén a urxente reapertura do consultorio médico do Campo da Feira

Rianxo. O goberno local de Rianxo presentou na xerencia do Sergas as sinaturas dos veciños e veciñas de Taragoña solicitando a reapertura do consultorio do Campo da Feira que se pechou ao inicio da pandemia. Pretenden que se recupere para dar atención de proximidade ás moitas persoas que este consultorio atende. En principio, a vontade da administración sanitaria é recuperala despois do verán, según informou o Sergas ó alcalde, Adolfo Muíños.

Por outra banda, o executivo reclama que Rianxo sexa incluído dentro do programa Hado de hospitalización domiciliaria. “Estamos nunha zona que non é atendida nin polo persoal do Hospital Clínico de Santiago nin polo da zona do Barbanza. Como é moi valorado polos usuarios, pois dá unha atención de calidade nas casas, desexamos se tomen as medidas oportunas para contar con el”, explicou o rexedor rianxeiro.

“Sabemos que é algo que é demandado en moitos outros concellos, polo que se ten trasladado tamén ó Parlamento. A distancia e o conseguinte tempo de atención son as razóns que se esgrimen para non implantalo, máis entendemos que a autovía posibilita que ese tempo sexa reducido e se poida resolver positivamente a demanda”, engade o mandatario. s. s.

21 jul 2021 / 15:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.