Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo quere declarar BIC as mámoas dos Campiños

O pleno que celebrará a Corporación municipal de Rianxo o vindeiro xoves 25 aprobará un acordo para instar á Xunta de Galicia a iniciar o expediente para declarar a zona das mámoas dos Campiños Ben de Interese Cultural (BIC). Trátase dun conxunto de seis túmulos situados entre as parroquias de Leiro e Isorna.

Esta necrópole foi estudada polo Instituto Sarmiento desde mediados dos setenta cunha excavación realizada por Fábregas e De la Fuente Andrés, no ano 1984, publicados seus resultados no volume 7 da revista Brigantium.

Pasado este tempo desde ese lonxano 2008, téndose realizado diferentes actuacións de limpeza por varias administracións e buscando o mantemento de condicións de visita e goce pola veciñanza destes espazos coordinados, o Concello considera preciso dotar da maior protección a esa zona megalítica de importancia como reflicten os estudos realizados.

Unha das pedras retiradas desta necrópole ten a consideración de BIC e é visitable no auditorio de Rianxo.

Asimesmo, a Corporación rianxeira solicitará á Administración autonómica valorar a ampliación deste recoñecemento da zona arqueolóxica circundante aos Campiños nesta área para a protección conxunta co petróglifo da Foxa Vella e os petróglifos do Monte Pelotiño e os túmulos do Monte Picoto.

17 mar 2021 / 18:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
BIC
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.