Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo remata a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres para adicalas a aluguer social

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que en menos de catros anos se dispuxeron 125 inmobles, ao abeiro do Programa de rehabilitación de antigas vivendas de mestres, posto en marcha pola Xunta no ao 2017.

A responsable en materia de vivenda visitou as oito vivendas rehabilitadas no Concello de Rianxo, que agora o Concello poderá adxudicar entre os veciños inscritos no Rexistro único de demandantes de vivenda; polo que coa entrada dos inmobles solucionarase o 100% da demanda real actual que existe no termo municipal.

Para a rehabilitación destas vivendas, a Xunta dispuxo un orzamento de case 300.000 euros, que agora se traducen en dispor de oito fogares para senllas familias que acceden a un fogar en alugueiro nunhas condicións moi vantaxosas.

Segundo manifestou a conselleira, este programa -ao que dende a súa posta en marcha se lle ten consignado un orzamento global de máis de catro millóns de euros- cumpre un dobre obxectivo, por unha banda crear ou ampliar o parque de vivenda pública en alugueiro propiedade dos concellos, así como recuperar inmobles que -de non actuar- acabarían abandonados e degradados, pois en ocasións os concellos non dispoñen dos recursos necesarios para acometer este tipo de actuacións.

En definitiva, con este programa a Xunta apoia aos concellos máis pequenos, promove a recuperación do patrimonio construído e pon en valor as vilas galegas, ao tempo que se facilita o acceso a unha vivenda aos galegos.

Ángeles Vázquez recordou que esta non é a única das axudas dispoñibles para invitar aos concellos a rehabilitación de inmobles, xa que poden participar no Fondo de Cooperación, un préstamo autonómico que poden empregar para mercar inmobles e rehabilitalos.

16 sep 2020 / 17:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.