Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira abre o prazo para as matrículas na escola infantil

Ribeira. O Concello de Ribeira mantén aberto ata o sete de marzo o prazo de renovación de praza na Escola Infantil Municipal para alumnos que xa están matriculados, mentres que para as solicitudes de inscrición do novo alumnado será dende o oito de marzo ata o oito de abril.

A publicación das listas provisionais de alumnos admitidos farase o once de maio. O período de reclamacións será de dez días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.

As listas definitivas faranse públicas o día 27 de maio. No tocante ó prazo para a confirmación de matrícula, tanto para os que fixeron renovación como para os que realizaron nova inscrición, e que se realizará no departamento de Servizos Sociais, será do 30 de maio ao 17 de xuño.

As persoas interesadas en obter máis información ou recoller impresos para a solicitude e confirmación de matrícula poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais, que está ubicado na Praza Oito de Marzo, ou chamar ao número de teléfono 981 874 131 de luns a venres en horario de 09.30 a 13.30.

Tamén se poden recoller os impresos no Rexistro do Concello ou descargalos da páxina web municipal (www.ribeira.gal). s. souto

27 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.