Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A conselleira visitou onte as obras de reordenación interior da lámina de auga do peirao // A actuación inclúe a ampliación dos pantaláns, o traslado do dique e a dotación de subministracións con control intelixente de consumos TEXTO Marta Torres

Ribeira ábrese máis ao mar coa creación de noventa amarres

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou onte as obras de reordenación interior da lámina de auga do peirao de Ribeira, onde explicou que as melloras incluídas nesta actuación permitirán poñer a disposición do sector marítimo-pesqueiro local noventa novas prazas de amarre. Os traballos, que están en proceso de execución, contan cun investimento de 1,2 millóns de euros a través de Portos de Galicia.

A representante da Xunta, que estivo acompañada pola presidenta do ente público, Susana Lenguas, indicou que o proxecto contempla a ampliación dos pantaláns de descarga para buques pesqueiros (terceira lista), dos das embarcacións auxiliares de acuicultura (cuarta lista) e das náutico-recreativas (sétima lista) así como o traslado do dique flotante e a instalación dun pantalán para embarcacións institucionais.

“Era un porto que estaba a necesitar unha serie de adaptacións. Neste momento se fixeron xa os pantaláns para as embarcación institucionais, onde terán atraque Salvamento Marítimo do Estado, Cruz Vermella e o propio Servizo de Gardacostas de Galicia”, informou ao respecto Quintana. A maiores destas catro prazas, a ampliación do resto de pantaláns suporá a creación doutras 86, das que 75 se corresponderán con embarcacións pesqueiras, oito serán para auxiliares de acuicultura do sector bateeiro e tres para barcos de lecer.

Co obxectivo de completar a intervención, o proxecto prevé a dotación de torres de subministración e iluminación ás infraestruturas frotantes con sistema intelixente de control de consumos. Tamén se habilitarán torres de subministración eléctrica de alta capacidade ao peirao situado fronte á lonxa vella e, finalmente, instalarase un sistema de control de accesos nos portalóns dos embarcadoiros que funcionará a través do teléfono móbil.

O prazo de execución das obras é de oito meses polo que a súa finalización, se non se produce ningún imprevisto, está estimada para o último trimestre do ano. Trátase dunha actuación, incidiu a conselleira, “que contribúe a mellorar a actividade marítimo- pesqueira nesta localidade e a facela máis competitiva así como a integrar o porto coa vila facendo máis accesible a contorna portuaria aos cidadáns”.

Durante a súa visita á cidade de Ribeira, a titular de Mar tamén lembrou que esta intervención se suma á que están a executar conxuntamente o Goberno autonómico, a través de Portos, e o Concello ribeirense para a remodelación da fachada marítima da localidade, concretamente no paseo das Carolinas.

En canto a este proxecto, recordar que inclúe a habilitación dun único carril de circulación en dirección saída e a ampliación do illote axardinado central, dotando así á zona de máis espazos verdes. No que respecta á parte máis próxima ás vivendas, farase unha gran beirarrúa pegada ás fachadas, habilitando prazas de aparcamento e aumentando o espazo de uso destinado aos viandantes.

“En total, Portos de Galicia ten en execución a día de hoxe no porto de Ribeira actuacións que supoñen un investimento de preto de dous millóns de euros”, subliñou Rosa Quintana, quen afirmou que agora “queda completada a situación dos atraques para todos os profesionais”.

A PROTAGONISTA
Vacinarase ós mariñeiros
Rosa Quintana
Conselleira do Mar

Na visita que realizou onte ás obras de reordenación interior da lámina de auga do peirao de Ribeira, Rosa Quintana avanzou que este martes “no Consello Interterritorial a nivel de toda España a directora de saúde pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia lle plantexou á ministra de novo a necesidade de abordar a vacinación de todos os mariñeiros, algo que veu con bos ollos, e o resto das comunidades tamén”. En este momento estanse cerrando co Instituto Social da Marina (lSM) a situación para empezar coa vacinación. “O que lle propuxemos foi empezar polos mariñeiros de altura e gran altura, que son os que pasan máis tempo fóra da casa, e despois continuar con toda a frota de baixura. Tamén se van incluír aos marinos que van nos mercantes”, anunciou a representante do Executivo galego, quen sinalou que “están ultimando os detalles das bases de datos co ISM e se empezará en breve a vacinación”.

En canto á vacina que se lles subministrará, a titular de Mar comentou que “propuxemos que fora a de Janssen porque é dunha soa dose e nos parece moito máis eficaz para os mariñeiros que teñen que estar embarcando e desembarcando. De todas formas, iso o deixo ás autoridades sanitarias que son as que saben, pero entendo que si existe a posibilidade de utilizar unha vacina monodose debe de ser para esta xente que logo ten dificultades para que, ao tempo que lle correspondería a segunda dose, volver a terra”, engadiu ao respecto.

Quintana tamén se referiu ao regulamento de control de pesca, unha vez que se aprobou no Parlamento Europeo pasa á decisión dos trílogos. “Istos son os momentos nos que intentamos que todas as alegacións que se presentaron dende Galicia poidan xurdir efecto”, concluíu.

{ blanco o negro }
Priorizar las necesidades
Marta Torres

La xunta, a través de Portos de Galicia, invertirá a lo largo del presente ejercicio un total de 7,3 millones de euros para mejoras en pantalanes de puertos y zonas de atraque en áreas marítimas de titularidad autonómica. Entre ellas se encuentran los trabajos de reordenación de la lámina de agua de la terminal portuaria de Ribeira. Unas obras muy esperadas por los profesionales del mar de la localidad ribeirense, pues se trata de una vieja reivindicación, con las que el Gobierno gallego trata de dar prioridad a las necesidades del sector marítimo-pesquero. No hay que olvidar que la pesca es el motor económico de la capital de Barbanza, sustentando el desarrollo de esta ciudad coruñesa: el comercio local, el crecimiento urbanístico...

22 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.