Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 19 enero 2022
21:53
h

Ribeira acerca ós nenos ás novas tecnoloxías por medio da creatividade

RIBEIRA. A aula Cemit de Ribeira vai dar cabida durante o mes de agosto a dous obradoiros gratuítos para a rapazada destinados a aprenderlles a usar a tecnoloxía por medio da creatividade. O título destes talleres é Steam, derrubando estereotipos. Terán lugar os días 10 (para rapaces de 8 a 11 anos) e 12 de agosto (de 12 a 15 anos) e serán impartidos por un membro da Asociación Galega de Software Libre. Versarán sobre MakeyMakey (un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch); • Scratch (unha linguaxe de programación creada polo MIT e especialmente deseñada para que todo o mundo poida iniciarse nese eido), e circuítos en papel (facer funcionar un circuíto eléctrico cun só Led e que este brille nun papel). O prazo de inscrición está aberto. s. s.

27 jul 2021 / 13:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.