Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira acolle a Carreira pola Diversidade o día 10

Ribeira. A Carreira pola Diversidade que promove a Asociación Ambar celebrará este domingo 10 a súa oitava edición dentro dos actos conmemorativos do 40º aniversario desta entidade que loita pola inclusión das persoas con diversidade funcional.

A carreira dará comezo ás 10.00 h na explanada de Coroso e contará con catro modalidades (zapatilla, zapatilla inclusiva, handbike e cadeira de rodas) ademais dunha andaina libre que xa se pode completar dende o 4 ata o 10 de xullo. Haberá tamén probas infantís para rapaces e rapazas de 5 a 16 anos que se sucederán unha vez remate a proba absoluta.

Aínda que o prazo de inscrición xa rematou este xoves, existe a posibilidade de colaborar cunha cota solidaria a través dun Dorsal 0.

Durante o acto de presentación e en no nome do Concello, a tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, animou á xente a participar no ánimo de superar os 200 participantes que cada ano adoita congregar esta cita, un desexo ao que se sumou tamén a presidenta da entidade, Milagros Rey. m. c.

07 jul 2022 / 20:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.