Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira acollerá unha mostra ó aire libre sobre a Semana Santa local

Está formada por vinte fotos de gran formato e poderase ver dende o xoves no adro da igrexa

Ribeira. O Concello de Ribeira vai exhibir a partir deste xoves 25 de marzo no adro da igrexa parroquial de Santa Uxía unha exposición ao aire libre dedicada á Semana Santa en clave local, baixo o título de Fe, arte, contemplación.

A mencionada mostra consta dunha selección de vinte obras de gran formato realizadas polo estudo ribeirense Lesmes Fotógrafos e dispostas en cinco estruturas modulares con dimensións de dous metros de ancho por dous de alto. Ditos paneis situaranse no adro do templo parroquial de Santa Uxía.

A maior parte das fotos son en branco e negro e están acompañadas de textos alusivos ás peculiaridades da citada celebración relixiosa no municipio. As instantáneas (que foron capturadas no ano 2019) buscan transmitir a esencia da Semana Santa na cidade ribeirense a través de imaxes dos distintos fitos que compoñen esta celebración: dende o Domingo de Ramos ata momentos como o Desencravo ou a procesión do Paso, entre outros. A inauguración está prevista para o xoves ás 13.00 horas e estará presidida polo alcalde, Manuel Ruiz.

A actividade está promovida pola concellería de Cultura coa colaboración da parroquia de Santa Uxía. s. s.

23 mar 2021 / 17:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.