Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira acomete tarefas de mantemento en cinco instalacións deportivas

RIBEIRA. O Concello de Ribeira acomete labores de reparación e mantemento en cinco instalacións deportivas municipais. No campo de fútbol da Tasca (Aguiño), substituíronse as portas e acondicionouse o depósito de auga, traballo este último desenvolvido por usuarios do módulo de carpintería da UAD, e pintouse a madeira exterior dos vestiarios. A brigada de Obras actuou no campo da Trinidade (Oleiros) asfaltando o entorno do campo de herba artificial. Na instalación tamén se colocaron postes perimetrais. Na pista deportiva ao aire libre do Touro (Santa Uxía) arranxáronse as canastras e porterías e substituiranse as redes en mal estado. No Centro de Raqueta de Coroso reparouse a pista de squash. E na piscina da Fieiteira estase encintando e arranxando a zona de jacuzzi, que se reabrirá nas próximas semanas. S. S.

01 mar 2022 / 14:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.