Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira activa a reforma da Casa da Xuventude

RIBEIRA. A empresa Marqués de Marancán S.L. acaba de iniciar, cun investimento de 251.680 euros e un prazo de execución de oito meses, as obras de reforma interior e acondicionamento da envolvente térmica da Casa da Xuventude de Ribeira. A instalación está ubicada no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e ten unha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas. O proxecto que se vai levar a cabo inclúe a mellora das terrazas a través unha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres, mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo Sate. Ademais, todas as fiestras serán substituídas por outras de aluminio. En canto ao interior do edificio, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen. s. souto

12 may 2021 / 14:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.