Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira activa melloras viais na Gándara e en Meiladín

Ribeira. O Concello de Ribeira adxudicou unha dobre actuación consistente na mellora do firme dos camiños de Eirexa a Gándara e de Meiladín, sitos nas parroquias de Oleiros e Olveira, respectivamente. Para a primeira actuación presentáronse seis ofertas e, para a segunda, cinco.

O vial de Eirexa a Gándara, de 660 metros de lonxitude, ten un firme de aglomerado asfáltico deteriorado. As obras de mellora previstas contemplan o desbroce e limpeza da vexetación, a aplicación dunha subbase de zahorra, a regularización do camiño con aglomerado en quente nas zonas de baches e desconchados, e a extensión dunha nova capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor en toda a lonxitude e ancho do vial.

No que se refire ao camiño de Meiladín, de 445 metros de longo e feito de aglomerado asfáltico, farase o desbroce e limpeza da vexetación, a preparación das marxes do camiño, a regularización do mesmo botando aglomerado en quente nas zonas de baches e desconchados, a aplicación dunha subbase de zahorra nas marxes e a extensión dunha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor en toda a lonxitude e ancho do vial. O orzamento é de 67.056 €. s. s.

05 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.