Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 diciembre 2021
04:00
h

Ribeira amosa os cadros sobre flores silvestres de Constantino González

RIBEIRA. O centro cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle a exposición Flores silvestres de Galicia, de Constantino González Pérez, formada por vinte obras pictóricas nas que as protagonistas son especies como o toxo, os pampullos ou os croques. O artista, natural de Cenlle (Ourense), aprendeu a debuxar aos 11 anos na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Aos 17 emigrou a Venezuela, onde compaxinou o seu traballo cos estudos de pintura e ilustración artística na Academia de Belas Artes de Caracas. Cultivou distintos estilos pero, finalmente, inclinouse polo impresionismo no óleo sobre lenzo. Durante a súa etapa en Venezuela expuso en distintas galerías, e en 1990 regresou coa súa familia a Galicia, onde se fixo socio do colectivo Alterarte, expoñendo de forma colectiva e individual por varias cidades de España e Portugal. s. Souto

01 abr 2021 / 17:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.