Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira amplía a rede de auga na avenida da Paz

Ribeira. A obra dirixida a ampliar a liña de abastecemento de auga da avenida da Paz, situada na saída da autovía do Barbanza en Palmeira (Ribeira), xa está en marcha. A empresa Excavaciones Nima S.L. executa os traballos cun orzamento de 46.752 euros.

O obxectivo fundamental destas tarefas é rematar cos problemas de escaseza de subministro de auga que se producen con certa frecuencia na época de verán nas zonas altas da parroquia de Palmeira e na avenida da Coruña en Ribeira, motivados fundamentalmente polo notable aumento de poboación en datas estivais co conseguinte incremento de consumo nas zonas baixas, provocando que chegue menos caudal ás zonas de maior cota.

Para solucionar estas eivas estase a crear unha conexión directa da liña de auga que descorre pola estrada DP-7310 ata a autovía procedente do depósito de Moldes, a onde chega desde o río Ulla, coa rede de abastecemento do lugar da Carballa. Comezouse a instalación de 509 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade con 110 milímetros de diámetro. s. s.

28 sep 2022 / 17:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.