Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira busca propostas para blindar a seguridade en pasos peonís

O luns presentarase o resultado da consulta de mercado que se fixo entre varios expertos

Ribeira. O salón de plenos do consistorio de Ribeira vai albergar o vindeiro luns 21 unha xornada de presentación da consulta preliminar ao mercado que realizou o Concello para lograr uns pasos de peóns máis seguros no ánimo de reducir a siniestralidade.

O acto, que dará comezo ás 10.30 horas, contará coa participación de destacados expertos cuxa identidade se dará a coñecer nos próximos días. Por motivos de aforo e para o cumprimento de todas as normativas de seguridade en relación ao COVID, as prazas presenciais serán limitadas e reservaranse por orden de inscrición. Tamén está prevista a retransmisión do evento vía streaming.

A devandita consulta está concibida co ánimo de reducir a siniestralidade de viandantes e ciclistas nos pasos de peóns. A iniciativa está enmarcada no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, financiada nun 80 % polo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

Con esta iniciativa, o executivo ribeirense pretende buscar solucións eficientes e fiables para poñer fin ós accidentes nos puntos viais destinados ó paso de persoas, plantexándose o reto de instalar sistemas de seguridade que incidan na redución dos mesmos (tamén nas proximidades de ditas sinalizacións) con vistas á eventual contratación de pasos peonís intelixentes. Trátase en definitiva dunha aposta pola innovación tecnolóxica ó servizo da seguridade vial. s. souto

15 jun 2021 / 14:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.