Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 08 diciembre 2021
23:57
h

Ribeira celebra o Día das Letras con teatro, contos e un espectáculo online

Mañá representarase no auditorio ás sete da tarde a obra teatral ‘As pitas baixo a chuvia’

Ribeira. O Concello de Ribeira vén de preparar un programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicada este ano a Ricardo Carvalho Calero e retrasado na súa efeméride ao 31 de outubro por mor do confinamento. Incluirá unha función teatral, unha sesión de contacontos con Charo Pita e un espectáculo online con Charo Pita destinado aos nenos e nenas en idade escolar.

Así, mañá venres ás 19.00 horas terá lugar no auditorio a representación da obra As pitas baixo a chuvia, de Teatro Ghazafelhos, baseada nos textos de Carvalho Calero.

O sábado a mediodía terá lugar no centro cultural Lustres Rivas a sesión de contacontos O gaiteiro arrepiado, da man de Charo Pita.

En canto ó espectáculo en liña, titulado A farsa da zocas, de Raquel Queizás, é unha breve peza teatral escrita por Ricardo Carvalho Calero a partires dun conto tradicional recollido en San Sadurniño. O autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas foi tamén mestre e director de teatro. Representou esta farsa cómica co seu alumnado do colexio Fingoi de Lugo.

Vai dirixido a todos os escolares de Ribeira e está recomendado para Primaria. Mañá enviarase unha ligazón aos destinatarios para que poidan proxectalo nas aulas. Este soporte quedará dispoñible ata o venres día 6. s. s.

29 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.