Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira dedica 265.000 € do remanente de Tesoureiría a dez asfaltados

No centro melloraranse as rúas Manzanares, Galicia, Canarias e Rodríguez Bautista

Ribeira. O goberno local de Ribeira plantea dedicar 265.000 euros a dez pavimentacións en diferentes puntos do municipio, nalgúns casos a través da brigada de Obras e noutros contratando a actuación a unha empresa.

Este paquete de propostas así como outras actuacións con cargo ao remanente de Tesourería do Concello serán obxecto de debate nun pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro mércores 14 de outubro ás oito da tarde.

As vías que se prevé pavimentar son: a perpendicular á Capela da Guía (que presenta un pavimento de formigón en moi mal estado, con abundantes baches e disgregacións); un treito da rúa Manzanares (na que se foi substituíndo nos últimos anos o deteriorado pavimento de lousas de pedra existente na zona de circulación dos vehículos por unha capa de formigón); unha praza en Teira, en Corrubedo (no entorno do cruceiro existente, para crear un espazo máis peonil que funcione como punto de reunión para os veciños); unha pista en Martín (que actualmente conta cun firme de terra polo que resulta difícil circular en época de chuvias); un vial en Laxes (que presenta na actualidade un firme de aglomerado asfáltico bastante deteriorado nalgún tramo e varios puntos con sobreanchos sen pavimentar); un treito da rúa de Galicia; a rúa Canarias; un treito da avenida de Miguel Rodríguez Bautista; varios treitos da rúa Buenos Aires de Corrubedo; e a rúa Curbelo, neste caso incluíndo tamén a renovación de servizos da zona. s. souto

09 sep 2022 / 14:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.