Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira dinamizará con dezaoito bailes as fins de semana

O programa, dirixido aos maiores, comezará o día 1 // Terán lugar en sete puntos do concello

O Programa de Dinamización Social e Cultural do Concello de Ribeira vai levar un total de dezaoito actuacións musicais a sete puntos do municipio dentro da iniciativa Imos ao Baile. Unha nova actividade que foi presentada este venres pola concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Ana Barreiro, en compañía de representantes dos clubs de xubilados de Ribeira, Palmeira, Aguiño, Corrubedo e máis o Centro Santa Uxía da Terceira Idade e a Sociedade Recreativa de Artes.

A edil ribeirense explicou que esta era unha demanda das entidades que engloban no municipio ás persoas maiores e que de feito se consensuou con elas este programa. Comezará o 1 de xaneiro e rematará o 16 de xullo, cadrando coas fins de semana ou datas festivas, e un horario que, aínda que flexible, será de 20.30 a 23.00 h.

As actuacións levaranse a cabo nas seguintes instalacións: no Conservatorio de Aguiño, na Casa do Mar de Ribeira, na Sociedad Hijos de Palmeira, no Centro Recreativo de Artes, na Casa do Mar de Corrubedo, no Centro Social Santa Uxía e máis no Centro Social de Oleiros. Contarase con catro grupos da comarca, dos cales por dispoñibilidade, dous farán seis actuacións (Mar Davila e Charada), o grupo Reflejos fará cinco e Matices unha.

Segundo o calendario facilitado pola administración municipal, a iniciativa arrincará o vindeiro día 1 de xaneiro en Ribeira coa actuación de Charada, que tamén actuará o día 6 en Aguiño. O 14 tomaralle o relevo o grupo Mar Davila, que tocará en Oleiros, espectáculo que tamén levarán a Artes o 28.

Os representantes das distintas entidades representadas na presentación agradeceron á concellería de Servizos Sociais esta iniciativa.

fin de ano. Por outra banda, o Concello informou de que, con motivo da celebración de fin de ano, este sábado vai haber na cidade un Punto Violeta no que informar, axudar e atender calquera caso de violencia machista. Este punto estará situado no Centro de Saúde, con presenza dunha axente da Policía Local de Ribeira.

30 dic 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.