Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira e O Son terán máis traballadores sociais e A Pobra, plan de inclusión

Ribeira. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, informaron do incremento na financiación de programas e para a contratación de persoal técnico de servizos sociais comunitarios municipais no marco do Plan Concertado na comarca do Barbanza. Na práctica suporá que dito municipio contará este ano con dous traballadores sociais máis e Porto do Son cun máis, mentres que A Pobra porá en marcha un novo programa de inclusión social. Con este incremento estes tres municipios reciban máis de 65.000 €.

Trenor lembrou que a Xunta destinou en 2021 máis de 600.000 € a todos os concellos do Barbanza para a contratación de persoal para financiamento do SAF básico, funcionamento das escolas infantís municipais e posta en marcha de programas sociocomunitarios. Ademais, Trenor recalcou que “en 2022 manteranse esas partidas e a maiores, Ribeira, O Son e A Pobra beneficiaranse do incremento do Plan Concertado que ascende en toda Galicia a 3 millóns de euros”.

Este incremento redundará nunha mellora nos tempos e na calidade da atención que prestan á cidadanía. Ademais, acadarase unha maior efectividade das medidas que requiren da implicación destes axentes para acadar os obxectivos de loita contra a pobreza e a exclusión social.

“Nos últimos anos, os servizos sociais comunitarios dos concellos rexistraron un incremento da demanda de atención”, explicou. s. souto

28 ene 2022 / 18:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.