Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira estreará a finais deste ano o punto no que pais separados poden ver aos seus fillos

Política Social adxudicou en 128.500 euros as obras para habilitar o servizo nun local municipal da rúa de Perú

Ribeira. A Xunta de Galicia adxudicou á empresa pontevedresa Actividades de Construcción, Edificaciones y Viales S.L. (Acevi) a obra de construción do novo Punto de Encontro Familiar (PEF) de Ribeira.

O novo centro contará cun investimento de 128.500 euros, aos que hai que engadir os algo máis de 150.000 euros anuais para o seu mantemento. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou este mércores a instalación na que se habilitará o futuro centro. Trátase dun local diáfano de 134 m2 situado nun edificio da rúa Perú, na zona de Fontán, moi cerca da futura comisaría, actualmente en construción. Disporá de tres salas de intercambio, un espazo de administración, despacho, pasillos, zona de accesos e dous aseos, un deles adaptado.

O local foi adquirido pola administración municipal en 2019 e cedido a Política Social por trinta anos.

O prazo de execución dos traballos é de catro meses, polo que se estima que estará listo para a súa apertura no último cuadrimestre do ano.

Será un servizo destinado a atender ás veciñas e veciños de toda a comarca do Barbanza, que agora se teñen que trasladar a Santiago de Compostela para realizar as visitas.

O Concello de Ribeira converterase deste xeito no primeiro de Galicia en contar cun Punto de Encontro Familiar fóra das sete cidades (hainos en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol).

Dentro da estratexia do Goberno galego para ampliar este servizo, o horario dos centros incrementouse de cinco a sete días á semana para poder cumprir coas medidas xudiciais e atender os protocolos de prevención fronte á COVID.

Este punto permitirá que as nais e pais separados ou en trámites de separación do Barbanza realicen as visitas que lles corresponden aos seus fillos dun xeito seguro. s. s.

09 jun 2021 / 14:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.