Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira estuda melloras de eficiencia enerxética nos inmobles públicos

RIBEIRA. As edís do executivo ribeirense María Sampedro, Juana Brión e Ana Barreiro reuníronse cos representantes das distintas entidades usuarias do conservatorio de Aguiño para consultar e consensuar posibles actuacións a emprender no inmoble ante o lanzamento de axudas dirixidas á mellora da eficiencia enerxética en edificios públicos. O executivo pretende presentar unha proposta arquitectónica á convocatoria, por parte do Goberno central, do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de Entidades Locais, que conta cun orzamento de 600 millóns de euros. Este programa ten por obxecto reducir polo menos un 30 % o consumo de enerxía primaria non renovable e potenciar a habitabilidade mellorando a accesibilidade física, cognitiva ou sensorial dos inmobles públicos e a sustentabilidade ambiental. suso souto

06 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.