Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira homenaxeou ós deportistas locais Álex Vidal, Laura Martínez, Manu Parada e Cristian Estéfano

O taekuondista conta xa cunha baldosa co seu nome en Castiñeiras

O tempo acompañou e foron numerosos os veciños e veciñas que se achegaron este sábado ata a praza consistorial de Ribeira para respaldar coa súa presenza e aplauso o acto de homenaxe a catro deportistas locais que veñen de conquerir grandes éxitos deportivos ao longo do ano: o taekuondista Álex Vidal (primeiro ribeirense en disputar unha paraolimpiada na historia do municipio); Laura Martínez (campioa co Arraun Lagunak na bandeira da Concha e na esixente liga feminina vasca); o veteramo ciclista Manu Parada (gañador do Open de España de BTT en categoría master); e o fisioculturista Cristian Estéfano (campión de España).

Abriu o acto o concelleiro de Deportes, Javier Sampedro, antes de dar paso á entrega de obsequios aos catro deportistas por parte do alcalde, Manuel Ruiz, quen na súa intervención final apelou aos presentes a presumir de ribeirismo, con tantos veciños que destacan en multitude de facetas, como é o caso dos catro homenaxeados hoxe e como outros deportistas que tamén serán recibidos no futuro.

Concluído o acto na cidade ribeirense, o foco da noticia trasladouse ao paseo marítimo de Castiñeiras, onde foi descuberta unha baldosa co nome de Álex Vidal por iniciativa dos seus familiares, amigos e veciños da parroquia.

20 nov 2021 / 15:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.