Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira instalará dous composteiros comunitarios en Abesadas e Fontán

Tamén se repartirán 85 recipientes domésticos nas distintas parroquias

O Concello de Ribeira vai impulsar unha campaña de captación de veciños interesados en participar no plan de implantación de dous centros de compostaxe comunitario para o tratamento de biorresiduos no casco urbano da cidade (en Abesadas e Fontán). Ademais, distribuiranse 85 composteiros domésticos polas diferentes parroquias para o tratamento en vivendas que dispoñan de terreo para a súa instalación e para a reutilización do compost producido. As persoas seleccionadas recibirán a formación adecuada. Os interesados poden inscribirse chamando ó 981 972 530 ou enviando un email a compostaxe@ribeira.gal. O proxecto está subvencionado con 59.998 € pola Consellería de Medio Ambiente.

04 dic 2020 / 13:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.