Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira licita o servizo de formación de surf, bodyboard ou longboard

O Concello asumiu a xestión da ensinanza desas modalidades nas praias do municipio

Ribeira. O Concello de Ribeira asumiu para o presente ano 2021 a xestión dos servizos de formación e ensinanza das modalidades deportivas de surf, bodyboard, longboard e paddle surf na zona de dominio público marítimo-terrestre das praias do termo municipal. Con este fin convoca a licitación dos referidos servizos.

Así, segundo publica o DOG deste mércores, será o Concello o que tramite o procedemento para a adxudicación a terceiros dos referidos servizos. As solicitudes de participación deberán presentarse no prazo de dez días hábiles desde a publicación deste anuncio de licitación e do prego de bases no DOG. En canto ó canon dos servizos de citadas escolas, para os meses de xuño a setembro (mínimo dous) será de 200 € ó mes, e para o resto do ano, de 50 € ó mes.

O período de vixencia das autorizacións outorgadas aos particulares limitarase á tempada de 2021 e comprenderá un mínimo de dous meses (elixibles entre os de xuño e setembro) e un máximo de once meses (resto do período, de ata nove meses, elixible entre febreiro e decembro). s. s.

17 feb 2021 / 14:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.