Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira logrou superar o reto de reciclaxe de envases fixado por Ecoembes

Como gañador, recibiu un premio de dous mil euros que entregará ó colectivo Cruz Vermella

Ribeira. Ribeira foi un dos nove municipios galegos capaces de superar o reto planteado por Ecoembes, consistente en lograr aumentar un dez por cento a recollida de envases no contedor marelo durante os meses de febreiro, marzo e abril con respecto ao mesmo período do 2020: un reto que estaba premiado cunha recompensa de 2.000 euros a entregar a unha organización social de elección de cada concello.

A primeira tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro Fernández, desprazouse a Sanxenxo o pasado venres ao acto de entrega dos correspondentes cheques, que contou coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, Ángeles Vázquez. A delegación ribeirense de Cruz Vermella será a entidade á que se destine a citada contía económica coa fin de contribuír aos seus fins.

Os outros oito concellos distinguidos foron Arteixo, Lalín, Ourense, Ponteareas, Porriño, Sanxenxo, Tui e tamén Viveiro.

MIRADOIRO Por outra banda, as obras de mellora da accesibilidade no miradoiro de Pedra da Ra vén de sumar unha nova candidatura a uns galardóns ao ser designado como finalista dos prestixiosos 63º Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo na categoría de Cidade e Paisaxe. Así, o proxecto deseñado por Carlos Seoane baixo o nome O banco do Piñeiro deberá afrontarse a tres intervencións efectuadas en Ferrol, Vic e Jorba. O veredicto darase a coñecer en xuño. m.c.

18 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.