Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira mellora a accesibilidade da céntrica rúa do Monumento

Ribeira. O Concello de Ribeira vén de licitar as obras de pavimentación e mellora da accesibilidade na rúa do Monumento, cun orzamento de 39.926 euros e un prazo de execución dun mes e medio.

O obxectivo principal reside en mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nunha rúa que ten un pavimento bastante deteriorado e unhas beirarrúas cuxos bordos non están rebaixados nalgúns pasos de peóns, o que dificulta o tránsito peonil, especialmente das persoas con mobilidade reducida.

Para mellorar a vía vaise estender unha nova capa de mestura bituminosa en quente previo fresado do firme actual, en tanto que as beirarrúas serán demolidas en todas as zonas onde será preciso rebaixalas, de xeito que cumpran cos requisitos de accesibilidade esixidos.

Asimesmo, a administración local vén de licitar as obras para a mellora da accesibilidade e a pavimentación na rúa do Carreiro, situada na parroquia de Aguiño, cun orzamento base de 48.311 euros e un prazo de execución de tres meses. As beirarrúas serán renovadas e ampliadas cun pavimento continuo de formigón, e nos accesos dos viandantes e nas subidas e baixadas colocarase baldosa hidráulica tipo botón. s. s.

24 nov 2022 / 13:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.