Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira ofrece dez concertos e espectáculos gratuítos esta fin de semana

En Corrubedo actuarán Laura Lamontagne & Pico Amperio, Anxo Lorenzo e Russinha

Ribeira. Unha decena de actividades lúdicas e culturais, todas elas gratuítas, terán lugar esta fin de semana en diferentes parroquias de Ribeira e no centro da cidade, entre autocine, monicreques, concertos, obradoiros e animación de rúa. O programa comeza este venres ás 20.30 horas no exterior do centro social de Oleiros co espectáculo de títeres Vacacións no mar; ás 21.30, no Paseo do Malecón, será o concerto do grupo The Tetas Van; e ás 22.15 proxectarase no campo da festa de Carreira a película Nocturna: unha aventura máxica.

O sábado actuarán Os Liantes de Artes ás 21.00 horas no exterior do Centro Recreativo de Artes. No centro de Ribeira haberá distintas actuacións e eventos culturais ao longo da xornada en colaboración coa produtora Charlatana: de 11.00 a 14.00, animación de rúa con Boroa, e ás 20.00 co grupo Latexo; e a partir das 21.30, no Malecón, concerto de Blues do País e Sindicato Verbena.

E o domingo, no Paseo do Malecón, terá lugar ás 13.00 horas o concerto Punk Infantil (unha pequena actuación musical para público infantil a cargo de Peter Punk); e ás 18.00 horas celebrarase un obradoiro infantil con Cé Orquestra no espazo acoutado do Paseo do Malecón.

A maiores, este venres no faro de Corrubedo terá lugar un dos espectáculos do ciclo Concertos no Fin do Mundo, coas actuacións de Russinha, Laura Lamontagne & Pico Amperio e Anxo Lorenzo.

O evento comezará ás oito e media da tarde, e as entradas xa están esgotadas. s. s.

31 ago 2021 / 13:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.