Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 17 mayo 2022
14:04
h

Ribeira ofrece este verán tres campamentos para conciliar

Ribeira. Ante as numerosas chamadas que se están recibindo no departamento de Cultura de Ribeira, o Concello vén de informar que está ultimando a adxudicación dos seus campamentos de verán, que regresan tras dous anos de pandemia.

Haberá tres modalidades. Así, como novidade terá lugar un Campamento Urbano do 23 ao 30 de xuño e do 1 ao 7 de setembro destinado a nenos e nenas con idades de 3 a 12 anos. Contará con 50 prazas.

Ademais, regresarán os tradicionais Campamento Xoga con Nós (do 1 de xullo ao 31 de agosto, para idades de 3 a 8 anos e con 120 prazas ofertadas) e Camp of Cultural Summer (do 1 de xullo ao 31 de agosto, para idades de 9 a 13 anos, con 30 prazas).

Os campamentos centralizaranse no CEIP O Grupo, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas. Haberá posibilidade de servizo complementario de almorzo e xantar.

Proximamente ofrecerase máis información en canto a prezos, prazos de preinscrición e matrícula, criterios de admisión, etcétera.

A administración local xa abriu o período de presentación de ofertas para a contratación conxunta dos campamentos de verán e tamén do de Nadal, para este ano e para o que vén. suso souto

13 may 2022 / 18:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.