Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira permitirá á hostalería terrazas desmontables en determinados lugares

Rebaixaráselle a taxa do lixo ó sector e vanse repartir envases de ‘take away’ para cafés

Ribeira. O Concello de Ribeira apoiará o fondo de cooperación fronte á COVID acordado pola Xunta e a hostalería galega para canalizar novas axudas destinadas a este sector tan castigado pola pandemia. Trátase dun fondo para o que se prevé que os concellos aporten o 20 %, as deputacións provinciais o 30 % e o Executivo galego o 50 %.

Ademais, o alcalde, Manuel Ruiz, mantivo unha reunión cunha representación da hostalería ribeirense de resultas da cal se van adoptar dende o plano local novas medidas de axuda aos profesionais deste ramo, como a rebaixa na taxa do lixo, a ampliación da campaña de take away posta en marcha este mes subministrando non só envases para comida para levar, senón tamén para levar cafés, e a elaboración dunha nova ordenanza de terrazas que permita a colocación de instalacións desmontables en determinados lugares.

O goberno local sinala que “ata agora todo o esforzo realizado para axudar á nosa hostalería a sobrelevar os efectos da pandemia procedeu do Concello, a Deputación da Coruña e a Xunta (esta última, chegando a máis de 14.700 negocios da xeografía galega a través de 3 liñas por valor de 23,7 millóns”. s. s.

14 ene 2021 / 15:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.