Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira recibe da Xunta unha furgoneta e unha carpa de emerxencias

O GAEM, que realizou 411 intervencións en 2020, é un dos grupos máis activos de Galicia

Ribeira. O Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Ribeira (GAEM) realizou en 2020 un total de 411 intervencións, unha cifra que o pon á altura dos servizos de emerxencias máis activos de Galicia. O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, recibiu da Xunta a nova dotación de material para este servizo: unha furgoneta subvencionada pola Dirección Xeral de Administración Local e unha carpa que servirá como posto de mando avanzado ou PMA (subministrada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior).

O rexedor, quen estivo acompañado do concelleiro de Seguridade Cidadá, Víctor Reiriz, e de integrantes do GAEM e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, manifestou que as intervencións máis elevadas tiveron que ver coa asistencia a accidentes de tráfico e outras incidencias na circulación, a recollida de animais e a participación en operativos planificados, especialmente os relacionados co COVID, como por exemplo distribución de mascarillas, desinfeccións, reparto de medicamentos entre persoas confinadas ou control de mercadillos.

Entre estas tres modalidades sumáronse máis de 300 intervencións, en tanto que outras 40 tiveron que ver coa colaboración na extinción de incendios. A tenor dos datos recabados, o mandatario ribeirense salientou o acerto de crear no seu día a nivel municipal un grupo de emerxencias propio para atender toda clase de incidencias e axudar dende o ámbito das súas competencias a contar cun municipio máis seguro. s. souto

08 feb 2021 / 17:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.