Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira reivindica a calidade creativa do Barbanza cunha mostra de Ayaso, Penalta, Costa, Fernández e Castelao

Plantexan a necesidade de contar cun museo que apoie ós artistas da comarca para poder difundir as súas obras

Ribeira. Co máximo aforo permitido tivo lugar no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira a inauguración dunha nova exposición que reúne unha trintena de obras de cinco creadores da comarca do Barbanza de hoxe e onte: Manuel Ayaso, Alfonso Costa, Xoán Fernández, Soledad Penalta e Castelao.

A mostra, titulada Cinco artistas do Barbanza, está organizada polo Concello ca colaboración do Museo do Gravado de Artes e a asociación cultural Barbantia. A concelleira de Cultura, María Sampedro, lembrou que a idea desta iniciativa xurdiu en xaneiro do ano pasado, no transcurso da inauguración da mostra de Manuel Romero. O director do citado museo, Pastor Rodríguez, tomou a palabra e reparou na circunstancia de que catro dos artistas foron elixidos polos socios para o Premio Barbantia da Cultura, amén de estar presente un clásico da arte galega como Castelao, visto a través da reflexión do profesor Florencio Maíllo, doutor e Belas Artes e profesor da Universidade de Salamanca.

No nome dos creadores falou Alfonso Costa, quen afirmou que “Barbanza é terra de artistas” e reivindicou a necesidade dun museo que os apoie, amén de manifestar a honra que supón para el a nivel persoal compartir mostra con Manuel Ayaso, Xoán Fernández (quen non puido estar no acto) e Soledad Penalta, “grandes artistas e magníficas persoas, amigas de verdade”, dixo.

O alcalde, Manuel Ruiz, significou a calidade artística de cada un dos cinco autores. “Aquí un pode desfrutar da beleza da arte en todo o seu esplendor”, declarou, aseverando que “todos eles son referentes non só en Galicia, senón que podemos presumir deles en calquera lugar onde nos poidamos encontrar”.

Por último, tomou a palabra Manuel Ayaso para manifestar que “o arte é amor feito visible”, frase que mereceu os aplausos do público. Ao finalizar, os asistentes recibiron un libro co mesmo título da mostra que, incluído na Biblioteca Barbantia, contén elaborados textos de Eme Cartea (sobre Ayaso), Eva Veiga (sobre Costa), Ventoso Mariño (sobre Fernández), José Manuel Monterroso (sobre Penalta) e de Antonio Cea e Florencio Maíllo (sobre Castelao). A mostra pode visitarse ata o 29 de maio, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, e os sábados de 11.00 a 14.00. s. s.

12 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.