Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira rendirá homenaxe ás mulleres falecidas polo 25-N

Farao con imaxes a través das redes sociais // Tamén haberá múltiples actividades escolares e un curso de autodefensa

Un completo programa de actividades servirá para conmemorar dende o Concello de Ribeira o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, xunto coa directora do CIM, Dolores Crujeiras, presentou este calendario de accións, que inclúe dende campañas nas redes sociais, espectáculos de maxia e contacontos, un curso de autodefensa, un stand Agresión Off e o tradicional acto institucional do 25-N.

Así, a partir deste venres arrancará unha campaña denominada #unhaimaxeporelas na que a través das redes sociais, pantallas dixitais e a web municipal se quere facer unha homenaxe ás mulleres falecidas este ano por violencia machista, difundindo diariamente carteis que combinan a fotografía en branco e negro dalgún lugar do municipio cunha breve descrición biográfica de cada vítima.

No concernente a actividades destinadas a alumnado, o mércores 23 de novembro haberá un espectáculo de maxia no Auditorio Municipal destinado a 4º e 5º de Primaria dos centros educativos do municipio que levará por titulo A igualdade non ten truco (de 10.00 a 13.00 horas). O martes 29 de novembro, na praza do Concello, ubicarase un stand Agresión Off entre as 11.00 e as 18.00 horas, con participación de alumnado de 1º de ESO. E tamén hai que recalcar a celebración de sesións contacontos en streaming que ten como destinatarios estudantes dende 4º de Infantil ata 3º de Primaria.

Outra iniciativa a ter en conta será o curso de autodefensa dirixido a mulleres maiores de 18 anos que terá lugar na Fieiteira o día 26 en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, impartido por profesionais da Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.

E na véspera, venres 25 de novembro, a praza do Concello acollerá a partir das 11.00 horas un acto institucional no que se lerá un manifesto e se gardará un minuto de silencio, ademais de albergar unha performance da soprano Esperanza Mara.

Barreiro recordou que o Concello se adheriu tanto á X Andaina contra a violencia de xénero Campaña ao Respecto da Xunta, como á campaña De fronte da Deputación.

11 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
25N
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.