Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Romarís, Méndez e Miguel de Lucas recalarán na vila lousamiá co Festimaxia

lousame. A concelleira de Cultura de Lousame, Silvia Agrafojo; o mago Romarís e a técnica municipal, Teresa Baluja, veñen de presentar a sexta edición do Festimaxia, que incluirá tres espectáculos que terán lugar todos os domingos de novembro, ás 18.00 horas, na casa da cultura. Todas as sesións de ilusionismo serán de acceso gratuíto, previa inscrición en bandoticket.com.

Así, sobre o escenario lousamián actuarán o Mago Romarís, con Maxia potáxica o domingo 14 de novembro. O día 21 será a quenda de David Méndez, con Maxia de aquí e de acolá; mentres que Miguel de Lucas pechará o certame co espectáculo Olé.

Paralelamente, Agrafojo destacou que ao longo do mes de novembro vai haber unha exposición titulada As mulleres no mundo da maxia. “Con isto o que pretendemos é visualizar o papel das mulleres magas que, aínda que foron moitas, son bastante descoñecidas. Queremos achegarnos a magas como Juliana Chen, Inés Molina... entre moitas outras. Pensamos que é algo bonito e importante”, sinalou.

A sexta edición do Festimaxia está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación. A entrada é de balde, se ben haberá que seguir os protocolos covid en vigor no momento da actuación. m. c.

09 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.