Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rouban luces e un reno e destrozan a decoración navideña na vila noiesa

Noia. “É triste que, nunhas datas coma estas, teñamos que facer un novo chamamento á responsabilidade e ao civismo”, afirmaban representantes municipais de Noia tras os actos vandálicos rexistrados nas últimas semanas.

Segundo apuntaron, nos últimos días “roubaron varias veces as luces das árbores do palco da Alameda, así como diferentes luces da decoración do casco e un dos renos dos xardíns Felipe de Castro”. Ademais, a maiores, rexistráronse numerosos destrozos, tanto nas decoracións dalgúns dos comercios do Cantón como na que foi instalada por parte do Concello. “Zarandearon a caixa de regalo que hai no Cantón, rebentando os parafusos e desfacendo a composición navideña que había dentro”, explicaron as mesmas fontes.

Por todo, dende a administración municipal insisten en pedir respecto “para o que é de todos e todas”, ao tempo que reiteran “a nosa petición de tolerancia cero con estes comportamentos e que, se alguén viu algo, o poña en coñecemento das autoridades”.

“Hay que ser conscientes de que esto se hace por el bien de nuestro pueblo, para tenerlo atractivo y que la gente quiera venir a visitarnos, mejorando la economía. Si lo destrozamos, realmente esto no vale la pena; estamos gastando un dinero en vano porque tanto el Concello como los negocios privados hacen un sacrificio económico para este tipo de campañas”, asegurou ao respecto a concelleira de Comercio de Noia, Laura Salgado García. m. T.

14 dic 2021 / 20:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.